miércoles, 30 de marzo de 2011

Torta de améndoas e noces





















Esta é unha torta de froitos secos, moi sinxela e cunha textura e sabor delicados.
Decidín presentala cunha cobertura de chocolate, para facerlla máis apetecible aos pequenos da casa.

Ingredientes
100g fariña
125g azucre
100g chocolate fondant
40g manteiga
3 claras de ovo
1 sobre de fermento
améndoas trituradas
noces



Preparación
Nun bol batemos as claras a punto de neve, vertendo o azucre lentamente.
Agregamos a fariña tamizada co fermento e mesturamos ben.
Engadimos as noces troceadas, as améndoas e a manteiga derretida.
Vertemos nun molde previamente engraxado e enfariñado.
Introducimos no forno prequentado a 180º durante 20 minutos.
Preparamos o chocolate ao baño maría e cubrimos a torta. 

Ou tamen
Cuberta con azucre glas.




miércoles, 23 de marzo de 2011

Doces Como na casa



Este doce xurdiu da idea de facer algo moi sinxelo, con catro ingredientes que sempre teño na casa.
Espero que vos guste!


Ingredientes
1 lámina masa de hoxaldre fresca
2 mazás
marmelada
noces


Preparación
Extendemos a masa nunha superficie lixeiramente enfariñada.  
Cortámola en cadrados, pinchandoa varias veces cun tenedor.
Poñemos en cada cadrado anacos de mazá, marmelada e noces cortadas.
Pechámos  a masa unindo os catro extremos, e vernizámola con ovo.
Na bandexa do forno poñemos papel vexetal e colocamos os doces.
Introducimos no forno prequentado a 200º uns 20 minutos.





sábado, 19 de marzo de 2011

Flan de queixo























Ingredientes
200ml leite
125g azucre
1 sobre de callada
1 tarrina queixo de untar
1 ovo
Para o caramelo
50g azucre
2 cucharadas de auga
zume de limón

Preparación
Facemos o caramelo co azucre a auga e unhas pingas de zume de limón, e botámolo no fondo dun molde.
Vertemos o sobre de callada nun vaso e disolvémolo  nun pouco de leite.
No vaso da batidora poñemos a callada, o resto do leite, o queixo e o ovo.
Batemos ben todo ata que quede ben mesturado.
Poñémolo nun cazo a lume lento, removendo ata que ferva.
Vertemos no molde caramelizado e cando esté frío, porémolo na neveira unhas 4 horas.

martes, 15 de marzo de 2011

Torta suiza























Ingredientes
100g fariña
150g azucre
100g froita confeitada
40g manteiga
3 claras de ovo
1 sobre de fermento
azucre glas

Preparación
Batemos as claras a punto de neve, vertendo o azucre lentamente.
Agregamos a fariña tamizada co fermento.
Troceamos a froita  e engadímoslla xunto á manteiga derretida.
Mesturamos ben e vertemos nun molde engraxado.
Introducimos no forno prequentado a 180º durante 20 minutos. 
Decoramos con azucre glas.

jueves, 10 de marzo de 2011

Galletas de nata





















Ingredientes
300g fariña
100g azucre
200ml nata
1 sobre de fermento
1 cucharadiña de canela ou vainilla
1 ovo


Preparación
Nun bol batemos o ovo, engadimos a nata, o azucre, a canela e a fariña xunto co fermento.
Mesturamos ata formar unha pasta branda.
Engadimos fariña para que non se pegue e formamos unha bóla.
Estiramos a masa cun rodete e cortamos do xeito que desexemos.
Pintamos con ovo as galletas.
Introducimos no forno prequentado a 180º durante 10 minutos aproximadamente.





martes, 1 de marzo de 2011

Mousse de queixo e café



















Ingredientes
200g nata montada
1 tarrina queixo de untar
2 cucharadas de azucre
2 cucharadiñas de café soluble
2 claras de ovo
fideos de chocolate

Preparación
Mesturamos o queixo co café e o azucre, ata que quede unha crema homoxénea.
Montamos as claras a punto de neve forte e incorporámolas ao queixo, coa nata.
Seguimos batendo a man, ata obter unha crema lixeira.
Repartímola en copas de cristal e metémolas no conxelador durante 1 hora.
No momento de servir espolvoréase con fideos de chocolate.

Ou tamen
Con caramelo líquido.