viernes, 10 de junio de 2011

Pasteis con chocolate branco e amorodos



Xa case estamos en verán e temos a mente posta nas vacacións dos nenos.

No meu caso como son autónoma e teño poucos días de descanso ao ano, farei unha paréntese no blog (co que estou moi contenta grazas aos vosos comentarios) para disfrutar coa miña familia do pouco tempo do que dispoño.

Déixovos con estes pasteis que nos gustaron na casa polo ben que combina o chocolate e o amorodo. Espero que vos gusten!

Deséxovos un feliz verán e aos que poidan unhas felices vacacións!


Ingredientes
1 lámina de masa de hoxaldre
100g chocolate branco
100g nata dobre
amorodos
azucre glas



Preparación
Dobramos a masa para que teña maior grosor e cortamos 3 rectángulos de 5 x 9cm cada un. Pintamos a masa con ovo batido e poñémola na bandexa do forno untada con manteiga. Metemos no forno prequencido a 200º uns 15 minutos.

Poñemos a nata nun cazo a lume suave, engadimos o chocolate e removemos ata que este derretido. Deixamos arrefriar e poñemos na neveira durante 1 hora. Despois batemos ata que teña unha consistencia cremosa.

Cortamos o hoxaldre pola mitade e enchemos cada un coa crema de chocolate e os amorodos laminados.

Espolvoreamos con azucre glas.

Ou tamén
Podemos sustituir os amorodos por framboesas.