viernes, 30 de diciembre de 2011

Galletas estrela e Feliz 2012


Para os que só me ledes
Para os que ademais comentades
Para os que me seguides de cerca
Para os que me seguides de cando en vez
Para os que viñestes e quedastes
Para os que viñestes algunha vez

PARA TODOS
FELIZ 2012!!!


Ingredientes
(para 20-25 unidades)
150g fariña
100g manteiga
50g azucre
1/2 cullerada esencia vainilla
azucre glas

Preparación
Nun bol xuntamos a manteiga a temperatura ambiente, a fariña, o azucre e a esencia de vainilla.
Mesturamos ben e formamos unha bóla.
Estendemos a masa cun rolo sobre unha superficie lixeiramente enfariñada.
Formamos as estrelas cun cortapastas.
Forramos unha bandexa con papel vexetal e colocamos as galletas.
Metemos no forno prequencido a 180º uns 10 minutos.
Deixamos uns minutos na bandexa e a continuación pasámolas a unha reixa para que rematen de arrefriar.
Presentámolas espolvoreadas con azucre glas.

Bo Nadal!

miércoles, 21 de diciembre de 2011

Mini florentinas



De novo Nadal, este ano un pouco máis especial por ser o primeiro de "Comonacasa". Querìa preparar algo sinxelo e atractivo, que servise para acompañar unha agradable reunión con amigos ou familiares que nestas datas acostumamos a organizar. Pensei nestas deliciosas pastas de froita e chocolate, que aproveito para compartir con todos, felicitarvos estas festas e desexarvos o mellor para o novo ano!!.......grazas por estar aí.


Tamén quero agradecer a "el Rincón de Galicia" que contasen coa miña colaboración na entrevista que foi publicada onte e na que adiantaba esta receita.



Ingredientes
(para 10-15 unidades)
40g manteiga
40g azucre
50g améndoas laminadas
25g pasas sultanas
25g cereixas confeitadas
25g naranxa confeitada
25g pipas xirasol
90g chocolate negro
1 cullerada nata


Preparación
Fundimos a manteiga nun cazo, engadimos o azucre, removemos ata que se disolva e levámolo a ebullición.
Retiramos o cazo e engadimos as pasas, as cereixas, a laranxa, as pipas de xirasol e as améndoas.
Mesturámolo todo ben, agregamos a nata e batémolo de novo. 
Forramos unha bandexa con papel vexetal e colocamos culleriñas de masa ben separadas entre si.
Metemos no forno prequencido a 180º uns 10 minutos. 
Retirámolas e cun cortapasas circular dámoslles forma.
Toramos o chocolate e fundímolo ao baño maría.
Untámolo sobre as galletas pola parte plana e deixamos que se solidifique.


lunes, 5 de diciembre de 2011

Madalenas con chocolate branco



Dende hai pouco, teño un novo libro de cociña "paso a paso repostería y panadería". Gustoume pola sinxeleza das receitas, explicadas dun xeito breve, onde a fotografía é a protagonista.
Son moitas as receitas que me gustaron, quixen comezar por esta de madalenas, xa que son totalmente diferentes ás que eu acostumo a facer. O resultado é unha madalena cunha textura máis densa e un sabor menos doce, pero moi ricas e recomendables.
Acompáñoas cunhas follas de chocolate branco.


Ingredientes
140g fariña
60g azucre
50g albaricoques secos
50g chocolate branco
100ml soro de leite
50 ml aceite xirasol
1/2 cullerada fermento
1 ovo


Para as follas
50g chocolate branco



Preparación
Tamizamos a fariña co fermento e engadímoslle o azucre e os albaricoques e o chocolate torados.
Nun bol batemos o ovo, o soro e o aceite. Removemos ben e vertemos na mestura anterior.
Repartimos a masa en seis moldes de madalenas ou en papel vexetal e metemos no forno prequencido a 200º uns 20 minutos, ata que suban.

Para as follas de chocolate
Collemos 2 follas dunha planta que nos guste, lavámolas e secámolas moi ben.
Poñemos o chocolate nun recipiente ao baño María e cando estea fundido, estendémolo polo reverso da folla, cunha culler pequena.
Deixámolas arrefriar nun prato e logo na neveira, para que collan consistencia.
Desprendemos con coidado a folla do chocolate.