Esta tradicional Rosca de Pascua faise nestas datas no forno de moitas casas, e noutras faise tamén levando os ingredientes principais, como son os ovos caseiros e a manteiga de vaca, á panadaría para a súa elaboración.
A característica deste doce é o seu sabor a anís e a manteiga. Como sei que fóra de Galicia é dificil conseguir manteiga de vaca (que é manteiga cocida) podédela sustituir por la manteiga que usamos habitualmente (que é a manteiga de vaca crua).
En calquera caso é un doce que faise ano tras ano con esta invariable receita.
Boa Pascua
Ingredientes
500g fariña de forza
125g azucre
125g manteiga de vaca
40g fermento de panadería
4 ovos
sal
esencia de anís
papel vexetal
Para a decoración
50g azucre
Para a decoración
50g azucre
1 ovo
froitas confeitadas
esencia de anís (opcional)
Preparación
Preparación
Nun bol batemos a manteiga derretida e o azucre, engadimos os ovos, a fariña, o fermento disolto nun pouco de auga, un pouco de sal e unhas gotas de esencia de anís. Mesturamos ben tódolos ingredientes e formamos unha bola.
Na mesa de traballo poñemos un pouco de fariña e amasamos, collendo a masa dende o exterior ata o centro. E importante que a masa vaia moi ben traballada, polo que lle adicaremos tempo ao amasado.
Untamos cun pouco de aceite un recipiente amplo, colocamos a masa e tapamos cun film transparente, deixando a masa ata que aumente o triple do seu volumen (neste caso 4 horas).
Poñemos a masa enriba do papel vexetal e introducimos os dedos formando un burato amplo no centro, e estirámola para darlle unha forma redonda e igualada. Deixamos repousar, tapando de novo a masa ata que leve.
Batemos o ovo e pintamos cun pincel a masa, despois engadimos o azucre humedecido cunhas gotas de auga e de esencia de anís, cortamos as froitas e decoramos.
Introducimos no forno prequencido a 180º uns 20 minutos aproximadamente.
Sacamos do forno e deixamos enfriar sobre unha reixa.