Este mes vense realizando a tradicional festa do Magosto, na que se asan castañas e degústase o viño novo da colleita.
As castañas tamén adoitanse preparar cocidas con sal e anís.
Outra opción para poder disfrutar deste froito otoñal é o pudin, un doce cunha textura suave é doado de preparar.
Bo Magosto!
Ingredientes
250g castañas
80g azucre
100ml nata
200ml leite
Cocemos as castañas e quitámoslles a pel.
Preparamos o caramelo nun molde, ou en moldes individuais.
Quentamos o leite, a nata, as castañas e o azucre. Esperamos a que estea ben quente e pasámolo pola batidora.
Batemos os ovos e engadímosllos amodo á mestura anterior.
Botamos sobre os moldes con caramelo e poñémolos nunha tarteira ao baño maría 40 minutos aproximadamente.
Deixamos arrefriar e metémolos na neveira dun día para outro.