lunes, 30 de enero de 2012

Galletas de maizena II

Este fin de semana decidín repetir a receita que máis gusto no blog, as galletas de maizena, foi con diferenza a entrada máis vista.
Esta vez utilicei un cortapastas cadrado para darlle forma de galleta clásica.

Ingredientes
175g maizena
100g leite condensada
65g manteiga
1 cullerada de azucre
1 xema de ovo

Preparación
Batemos o ovo coa manteiga a temperatura ambiente, despois engadimos o leite e o azucre e logo a maizena tamizada. Mesturamos ben e formamos unha bóla.
Estendemos a masa cun rolo sobre unha superficie lixeiramente enfariñada.
Damos forma ás galletas cun cortapastas cuadrado.
Poñemos papel vexetal na bandexa do forno e colocamos as galletas separadas entre si. 
Metemos no forno prequencido a 160º uns 12-15 minutos.





lunes, 23 de enero de 2012

Espirales de cereixa


Este Nadal utilicei, como acostumo, froitas confeitadas tanto en galletas como na rosca e outros doces. Estas espirais resultaron ser un bo xeito de darlle uso ás que aínda me quedaban. 
As froitas mesturadas coa reladura de limón achéganlle un sabor doce e agradable a esta clase de masa.


Ingredientes
250g fariña
100g cereixas confeitadas
50g cabaza confeitada
50g azucre moreno
6g fermento
125ml leite 
4 culleradas de manteiga 
1/2 culleriña de sal
1 ovo 
1 limón relado


Preparación
Nun bol tamizamos a fariña co fermento e o sal; incorporamos o leite morno, o ovo batido e dúas culleradas de manteiga a temperatura ambiente. Mesturamos ben.
Traballamos ben a masa, tapámola e deixámola repousar ata que duplique o seu volume, aproximadamente unha hora.
Nunha cunca mesturamos as froitas toradas, a reladura de limón e o azucre.
Estendemos a masa cun rolo para formar un rectángulo de 25x30 cm, untámola co resto da manteiga e repartimos a mestura de froita por enriba.
Enrolamos comenzando polo lado longo, cortamos a masa en 8 rebandas e colocámolas nun molde de 20 cm de diámetro, engraxado con manteiga.
Tapamos e deixamos levedar ata que duplique o seu volume.
Pintámolas con leite e metemos no forno 190º uns 25 minutos ou ata que estean douradas.
Deixamos arrefriar sobre unha reixa metálica.


lunes, 16 de enero de 2012

Amarguillos


Este doce tradicional, que non é dos máis coñecidos, debe o seu nome a que nas orixes da súa elaboración non existía maquinaria de selección para a améndoa, de aí que puidese aparecer algunha amarga. 
Son típicos de Villoldo (Palencia), Sahagún (León) e Grazalema e Medina Sidonia (Cádiz).
Varía segundo o lugar de elaboración, pero teñen en común a améndoa, os ovos e o azucre. A súa superficie é de cor tostada, lixeiramente fendida polo efecto da cocción.
O sorprendente desta receita é que con só tres ingredientes póidase obter un doce tan atractivo e saboroso.


Ingredientes
250g améndoas moídas
100g azucre
3 ovos

Para decorar
améndoas enteiras

Preparación
Nun bol mesturamos as améndoas co azucre e os ovos ata que se forme unha pasta homoxénea.
Amasamos ben a mestura e facemos porcións coa axuda dunha culler.
Poñemos os amarguillos sobre unha bandexa de forno cuberta con papel vexetal e colocamos unha améndoa sobre cada un deles.
Metemos no forno a 200º uns 20 minutos ou ata que estean dourados.


lunes, 9 de enero de 2012

Biscoitos de piña e noces


Deixamos atrás as celebracións do Nadal.........e volvo á cociña dun xeito máis relaxado.
Entre os agasallos que recibín nestas festas, non sei porque, o que máis se repetiu foron os libros de repostaria :) así é que vanse acumulando as receitas pendentes; por iso, moitos dos propósitos para este novo ano empezan na cociña e rematan na mesa, e aqueles que máis gusten pasarán por Comonacasa.

Que sigamos compartindo un ano cheo de receitas!!

Dende aquí quero enviar un cariño especial e moitos bicos a Bego de "La Cocina de Samira" 


Ingredientes
450g piña en xarope
150g fariña leudante
150g noces
110g azucre
90g coco relado
125ml leite
1 ovo

Preparación
Pasamos a piña co seu xarope polo batedor. Escorrémola cun coador sacando todo o xugo que sexa posible e desbotamos o xarope.
Botamos a piña nun bol grande e engadimos o ovo, removemos. Incorporamos os demais ingredientes mesturándoos ben. 
Botamos a masa nun molde engraxado, neste caso en moldes individuais e metemos no forno prequencido a 180º uns 30 minutos.
Deixámolos uns minutos no molde e a continuación pasámolos a unha reixa para que rematen de arrefriar.