Mostrando entradas con la etiqueta Mazapán. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mazapán. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de febrero de 2012

Bocados de anxo

O cabelo de anxo é un doce elaborado mediante a cocción da pulpa da cabaza de cidra en xarope, ata que se forman uns fíos finos de cor dourada, tamén se lle adoita engadir zume de limón e canela.
Aínda que é utilízado con máis frecuencia en recheos de masa de empanada doce e hoxaldre, neste caso vai acompañado dunha masa de mazapán. 

Espero que vos guste!


INGREDIENTES
250g améndoas moidas
250g azucre glas
3 xemas de ovo
3 culleradas de leite
1 ovo batido
cabelo de anxo


PREPARACIÓN
Nun bol poñemos as améndoas moídas e mesturámoslas co azucre.
Batemos as xemas co leite, e engadímolas pouco a pouco á mestura anterior, amasamos ben ata obter unha masa compacta.
Formamos boliñas do mesmo tamaño e enchémoslas cunha porción de cabelo de anxo, tendo coidado de que non saia por fóra.
Poñemos papel vexetal na bandexa do forno e colocamos os bocados, pincelamos con ovo batido.
Metemos no forno prequencido a 200º ata que estean dourados.


lunes, 16 de enero de 2012

Amarguillos


Este doce tradicional, que non é dos máis coñecidos, debe o seu nome a que nas orixes da súa elaboración non existía maquinaria de selección para a améndoa, de aí que puidese aparecer algunha amarga. 
Son típicos de Villoldo (Palencia), Sahagún (León) e Grazalema e Medina Sidonia (Cádiz).
Varía segundo o lugar de elaboración, pero teñen en común a améndoa, os ovos e o azucre. A súa superficie é de cor tostada, lixeiramente fendida polo efecto da cocción.
O sorprendente desta receita é que con só tres ingredientes póidase obter un doce tan atractivo e saboroso.


Ingredientes
250g améndoas moídas
100g azucre
3 ovos

Para decorar
améndoas enteiras

Preparación
Nun bol mesturamos as améndoas co azucre e os ovos ata que se forme unha pasta homoxénea.
Amasamos ben a mestura e facemos porcións coa axuda dunha culler.
Poñemos os amarguillos sobre unha bandexa de forno cuberta con papel vexetal e colocamos unha améndoa sobre cada un deles.
Metemos no forno a 200º uns 20 minutos ou ata que estean dourados.