Mostrando entradas con la etiqueta Madalenas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Madalenas. Mostrar todas las entradas

lunes, 5 de diciembre de 2011

Madalenas con chocolate branco



Dende hai pouco, teño un novo libro de cociña "paso a paso repostería y panadería". Gustoume pola sinxeleza das receitas, explicadas dun xeito breve, onde a fotografía é a protagonista.
Son moitas as receitas que me gustaron, quixen comezar por esta de madalenas, xa que son totalmente diferentes ás que eu acostumo a facer. O resultado é unha madalena cunha textura máis densa e un sabor menos doce, pero moi ricas e recomendables.
Acompáñoas cunhas follas de chocolate branco.


Ingredientes
140g fariña
60g azucre
50g albaricoques secos
50g chocolate branco
100ml soro de leite
50 ml aceite xirasol
1/2 cullerada fermento
1 ovo


Para as follas
50g chocolate branco



Preparación
Tamizamos a fariña co fermento e engadímoslle o azucre e os albaricoques e o chocolate torados.
Nun bol batemos o ovo, o soro e o aceite. Removemos ben e vertemos na mestura anterior.
Repartimos a masa en seis moldes de madalenas ou en papel vexetal e metemos no forno prequencido a 200º uns 20 minutos, ata que suban.

Para as follas de chocolate
Collemos 2 follas dunha planta que nos guste, lavámolas e secámolas moi ben.
Poñemos o chocolate nun recipiente ao baño María e cando estea fundido, estendémolo polo reverso da folla, cunha culler pequena.
Deixámolas arrefriar nun prato e logo na neveira, para que collan consistencia.
Desprendemos con coidado a folla do chocolate. 

lunes, 11 de abril de 2011

Madalenas con cereixas

































Este doce tradicional da rexión de Lorena, en Francia, adoita asociarse co almorzo e a merenda. Non obstante, engadindo aos ingredientes froita en almibar, facemos das madalenas unha estupenda sobremesa.
Espero que vos guste!


Ingredientes
175g fariña
125g azucre
100ml leite
50ml aceite de xirasol
1 sobre de fermento
1 ovo
cereixas en almibar
12 moldes de papel


Preparación
Nun bol batemos o ovo có azucre.
Despois o leite e o aceite. Mesturamos ben.
Engadimos a fariña co fermento e as cereixas troceadas.
Vertemos nos moldes, enchendo só 3/4 partes.
Espolvoreamos con azucre no centro de cada madalena.
Có forno prequentado, a media altura, 180º durante 12-14 minutos.



domingo, 20 de febrero de 2011

Madalenas



















Ingredientes
175g fariña
125g azucre
100ml leite
50ml aceite de xirasol
1 sobre de fermento
1 ovo
12 moldes de papel


Preparación
Nun bol batemos o ovo có azucre. 
Despois o leite e o aceite. Mesturamos ben.
Engadimos a fariña co fermento.
Vertemos nos moldes, enchendo só 3/4 partes.
Espolvoreamos con azucre no centro de cada madalena.
Có forno prequentado, a media altura, 180º durante 12-14 minutos.


Ou tamén
Con pepitas de chocolate.
Con anacos de froita confeitada.