viernes, 30 de diciembre de 2011

Galletas estrela e Feliz 2012


Para os que só me ledes
Para os que ademais comentades
Para os que me seguides de cerca
Para os que me seguides de cando en vez
Para os que viñestes e quedastes
Para os que viñestes algunha vez

PARA TODOS
FELIZ 2012!!!


Ingredientes
(para 20-25 unidades)
150g fariña
100g manteiga
50g azucre
1/2 cullerada esencia vainilla
azucre glas

Preparación
Nun bol xuntamos a manteiga a temperatura ambiente, a fariña, o azucre e a esencia de vainilla.
Mesturamos ben e formamos unha bóla.
Estendemos a masa cun rolo sobre unha superficie lixeiramente enfariñada.
Formamos as estrelas cun cortapastas.
Forramos unha bandexa con papel vexetal e colocamos as galletas.
Metemos no forno prequencido a 180º uns 10 minutos.
Deixamos uns minutos na bandexa e a continuación pasámolas a unha reixa para que rematen de arrefriar.
Presentámolas espolvoreadas con azucre glas.

Bo Nadal!

miércoles, 21 de diciembre de 2011

Mini florentinas



De novo Nadal, este ano un pouco máis especial por ser o primeiro de "Comonacasa". Querìa preparar algo sinxelo e atractivo, que servise para acompañar unha agradable reunión con amigos ou familiares que nestas datas acostumamos a organizar. Pensei nestas deliciosas pastas de froita e chocolate, que aproveito para compartir con todos, felicitarvos estas festas e desexarvos o mellor para o novo ano!!.......grazas por estar aí.


Tamén quero agradecer a "el Rincón de Galicia" que contasen coa miña colaboración na entrevista que foi publicada onte e na que adiantaba esta receita.



Ingredientes
(para 10-15 unidades)
40g manteiga
40g azucre
50g améndoas laminadas
25g pasas sultanas
25g cereixas confeitadas
25g naranxa confeitada
25g pipas xirasol
90g chocolate negro
1 cullerada nata


Preparación
Fundimos a manteiga nun cazo, engadimos o azucre, removemos ata que se disolva e levámolo a ebullición.
Retiramos o cazo e engadimos as pasas, as cereixas, a laranxa, as pipas de xirasol e as améndoas.
Mesturámolo todo ben, agregamos a nata e batémolo de novo. 
Forramos unha bandexa con papel vexetal e colocamos culleriñas de masa ben separadas entre si.
Metemos no forno prequencido a 180º uns 10 minutos. 
Retirámolas e cun cortapasas circular dámoslles forma.
Toramos o chocolate e fundímolo ao baño maría.
Untámolo sobre as galletas pola parte plana e deixamos que se solidifique.


lunes, 5 de diciembre de 2011

Madalenas con chocolate branco



Dende hai pouco, teño un novo libro de cociña "paso a paso repostería y panadería". Gustoume pola sinxeleza das receitas, explicadas dun xeito breve, onde a fotografía é a protagonista.
Son moitas as receitas que me gustaron, quixen comezar por esta de madalenas, xa que son totalmente diferentes ás que eu acostumo a facer. O resultado é unha madalena cunha textura máis densa e un sabor menos doce, pero moi ricas e recomendables.
Acompáñoas cunhas follas de chocolate branco.


Ingredientes
140g fariña
60g azucre
50g albaricoques secos
50g chocolate branco
100ml soro de leite
50 ml aceite xirasol
1/2 cullerada fermento
1 ovo


Para as follas
50g chocolate branco



Preparación
Tamizamos a fariña co fermento e engadímoslle o azucre e os albaricoques e o chocolate torados.
Nun bol batemos o ovo, o soro e o aceite. Removemos ben e vertemos na mestura anterior.
Repartimos a masa en seis moldes de madalenas ou en papel vexetal e metemos no forno prequencido a 200º uns 20 minutos, ata que suban.

Para as follas de chocolate
Collemos 2 follas dunha planta que nos guste, lavámolas e secámolas moi ben.
Poñemos o chocolate nun recipiente ao baño María e cando estea fundido, estendémolo polo reverso da folla, cunha culler pequena.
Deixámolas arrefriar nun prato e logo na neveira, para que collan consistencia.
Desprendemos con coidado a folla do chocolate. 

lunes, 21 de noviembre de 2011

Pudin de castañas


Este mes vense realizando a tradicional festa do Magosto, na que se asan castañas e degústase o viño novo da colleita.
As castañas tamén adoitanse preparar cocidas con sal e anís.
Outra opción para poder disfrutar deste froito otoñal é o pudin, un doce cunha textura suave é doado de preparar.
Bo Magosto!


Ingredientes
250g castañas
80g azucre
100ml nata
200ml leite
2 ovos
caramelo


Preparación
Cocemos as castañas e quitámoslles a pel.
Preparamos o caramelo nun molde, ou en moldes individuais.
Quentamos o leite, a nata, as castañas e o azucre. Esperamos a que estea ben quente e pasámolo pola batidora. 
Batemos os ovos e engadímosllos amodo á mestura anterior.
Botamos sobre os moldes con caramelo e poñémolos nunha tarteira ao baño maría 40 minutos aproximadamente.
Deixamos arrefriar e metémolos na neveira dun día para outro.

lunes, 7 de noviembre de 2011

Torta de lima


Gústanme os doces que levan leite condensada, xa que lle achega un sabor especial a todas as receitas.
Ata agora ningunha das que fixen decepcionoume, así é que se vexo unha receita que leva ese ingrediente, non dubido en facela.
Nesta torta combina especialmente ben o sabor do leite condensada coa acidez da lima.
Espero que vos guste!


Ingredientes
200g galletas
80g manteiga
400g leite condensada
100ml zume de lima
200ml nata
3 ovos
50g de azucre
ralladura de lima
ralladura de limón


Preparación
Desfacemos as galletas e mesturámolas coa manteiga derretida. Cubrimos a base dun molde desmontable de 23cm. Poñemos o molde na neveira mentres facemos o recheo.
Batemos as xemas ata que queden cremosas. Engadimos o leite condensada e o zume de lima.
Noutro bol, montamos as claras a piques de neve co azucre.
Incorporamos con coidado á masa anterior.
Botamos o recheo na base de galletas.
Poñemos no forno precalentado a 160º durante 15-20 minutos.
Cando arrefrie, poñemola na neveira durante 3 horas.
Montamos a nata con azucre ao gusto, cubrimos a torta e decoramos con ralladura de lima e de limón.

lunes, 24 de octubre de 2011

Torta de callada



A receita desta torta é tan fácil como facer un flan, e ten un sabor moi fresco e suave.
A receita é de Bocados dulces y salados.



Ingredientes
500ml nata líquida
250ml leite
1 sobre callada
3 cucharadas de azucre
galletas
caramelo

Preparación
Quentamos a metade do leite co azucre e a nata. 
Desfacemos o sobre de callada na metade restante do leite e incorporámola á mestura anterior.
Botámola nun molde con caramelo, deixamos arrefriar un pouco e colocamos por riba unhas galletas (que serán a base cando desmoldemos).
Poñemos na nevera dun día para outro.


lunes, 10 de octubre de 2011

Biscoito de améndoas



Como xa vos comentei nalgunha ocasión, adoito facer biscoitos para o almorzo como alternativa á repostería industrial.
Neste caso, fixeno de améndoas, que son unha excelente fonte de vitamina E e magnesio.
O resultado é un biscoito moi suave e lixeiro, feito cunha sinxela receita.


Ingredientes                                  
200g fariña                                                                
150g azucre                                                             
80g améndoas moídas                                              
50cc aceite
1 iogur de limón
1/2 sobre de fermento
2 ovos

Para a cobertura
azucre glas
améndoas enteiras
chocolate fondant 

Preparación
Nun bol batemos os ovos co azucre. Engadimos as améndoas o iogur e o aceite, mesturando ben, e logo a fariña co fermento.
Botamos a masa nun molde e metemos no forno prequencido a 180º uns 30 minutos.

Para a cobertura
Cando arrefríe espolvoreamos con azucre glas.
Fundimos o chocolate ao baño maria, e introducimos as améndoas unha a unha ata a metade.
Deixamos arrefriar e decoramos o biscoito.


lunes, 26 de septiembre de 2011

Galletas de maizena

Logo deste paréntese vacacional, incorpórome de novo á actividade bloguera con estas galletas que vin no estupendo blog Kanela y Limón. Sorprendéronme polo brancas e delicadas que son, e podo dicir ademais, que teñen moito sabor.


Ingredientes
175g maizena
100g leite condensada
65g manteiga
1 cucharada de azucre
1 xema de ovo

Preparación
Batemos o ovo coa manteiga a temperatura ambiente, despois engadimos o leite e o azucre e logo a maizena tamizada.
Formamos bólas pequenas e esmagámolas lixeiramente cun tenedor. 
Extendemos papel vexetal na bandexa do forno e colocamos as galletas separadas entre si. 
Metemos no forno prequencido a 160º uns 12-15 minutos.


viernes, 10 de junio de 2011

Pasteis con chocolate branco e amorodos



Xa case estamos en verán e temos a mente posta nas vacacións dos nenos.

No meu caso como son autónoma e teño poucos días de descanso ao ano, farei unha paréntese no blog (co que estou moi contenta grazas aos vosos comentarios) para disfrutar coa miña familia do pouco tempo do que dispoño.

Déixovos con estes pasteis que nos gustaron na casa polo ben que combina o chocolate e o amorodo. Espero que vos gusten!

Deséxovos un feliz verán e aos que poidan unhas felices vacacións!


Ingredientes
1 lámina de masa de hoxaldre
100g chocolate branco
100g nata dobre
amorodos
azucre glas



Preparación
Dobramos a masa para que teña maior grosor e cortamos 3 rectángulos de 5 x 9cm cada un. Pintamos a masa con ovo batido e poñémola na bandexa do forno untada con manteiga. Metemos no forno prequencido a 200º uns 15 minutos.

Poñemos a nata nun cazo a lume suave, engadimos o chocolate e removemos ata que este derretido. Deixamos arrefriar e poñemos na neveira durante 1 hora. Despois batemos ata que teña unha consistencia cremosa.

Cortamos o hoxaldre pola mitade e enchemos cada un coa crema de chocolate e os amorodos laminados.

Espolvoreamos con azucre glas.

Ou tamén
Podemos sustituir os amorodos por framboesas.


martes, 31 de mayo de 2011

Torta de cereixas




Esta é unha torta moi sinxela e rica. Fíxena de cereixas porque estamos en plena temporada delas, pero por suposto, queda moi ben con calqueira froita que queiramos poñer.





Ingredientes
500g cereixas
1 lámina masa brisa

Para a crema pasteleira
100g azucre
50g fariña fina de millo
1/2 litro de leite
3 xemas de ovo
codia de limón


Preparación
Lavamos as cereixas, secámolas e quitámoslle os ósos.

Extendemos a masa sobre un molde. Metemos no forno prequencido a 200º ata que este dourada. Cando arrefríe desmoldamos.

Para facer a crema, poñemos a ferver o leite coa codia de limón. Nun cazo batemos os ovos co azucre e engadimos a fariña. Poñemos ao lume e imos incorporando o leite pouco a pouco, removendo ata que espese. Retiramos do lume e deixamos arrefriar.

Vertemos a crema sobre a masa e colocamos as cereixas.


lunes, 23 de mayo de 2011

Amorodos en xelatina rosada



Adoito tomar os amorodos en anacos, mesturados con zume de laranxa e azucre, que ademais de ser saudables é como máis me gustan. Pero admito que con nata están riquísimos, para tomalos ocasionalmente.

Esta receita fíxena para unha desas ocasións, na que quería que ademais a presentación fóra diferente.

Espero que vos guste!



Ingredientes
125g amorodos pequenos 
50g azucre
250ml viño rosado
125ml nata
3 láminas de xelatina
















Preparación
Hidratamos as láminas de xelatina en auga fría durante 5 minutos. Escorrémolas e poñémolas nun cazo a lume lento ata que se desfagan. Retiramos do lume e engadímos a metade do azucre e o viño rosado.

Lavamos e cortamos os amorodos e incorporámolos á mestura anterior. Vertemos en vasos ou copas e deixamos arrefriar na neveira ata que calle.

Antes de servir montamos a nata co resto do azucre e poñémola enriba da xelatina.



lunes, 16 de mayo de 2011

Cookies con chocolate






























A pasada semán celebrouse en Vigo a Copa do Mundo de Ximnásia Estética de grupos, organizada polo Club Maniotas, ao que pertence a miña filla.

Tódolos pais estivemos inmersos nos preparativos que require este acontecemento, que reune á élite da Ximnasia Estética, para finalmente poder disfrutar e emocionarse coa representación deste bellísimo deporte.

Non tiven tempo material de pasarme polas vosas cociñas, e fago esta entrada mais tarde do que tiña previsto, con estas cookies que vos recomendo por ser una receita moi sinxela e ser ademais moi ricas.






























Ingredientes
140g fariña
70g azucre moreno
40g azucre
80g manteiga
80g pepitas de chocolate
1 ovo
sal
1/2 cucharadiña de fermento
1/2 cucharadiña azucre avainillado








Preparación
Tamizamos a fariña co fermento e reservamos.
Nun bol batemos a manteiga derretida e os tres tipos de azucre, engadimos o ovo e mesturamos. 
Incorporamos a fariña, o fermento, o sal e por último as pepitas de chocolate.
Extendemos papel vexetal na bandexa do forno. Formamos boliñas coa masa, dámoslle a forma da galleta e poñémolas, separadas entre sí, sobre a bandexa.
Metemos no forno prequencido a 200º durante 10 minutos.




domingo, 8 de mayo de 2011

Pera envolta en hoxaldre

Sinto especial predilección pola masa de hoxaldre, porque paréceme unha masa moi agradecida; fácíl de adaptar, rica e que combina con calquera ingrediente.
Por eso cando vin esta receita non dubidei do seu bo resultado.

Espero que vos guste tanto como a mín!





































Ingredientes
4 peras maduras
1 lámina de hoxaldre fresca
1 ovo
azucre glas


Para o recheo
8 ameixas secas
1 laranxa en zume










Preparación
Troceamos as ameixas e poñémolas nun cazo co zume de laranxa a lume lento durante 5 minutos.

Pelamos as peras e sacámoslle os corazóns pola base. Cortamos as bases de xeito que as peras póidanse quedar de pé e logo introducimos as ameixas dentro, polo oco do corazón.

Estiramos a masa e cortamos tiras longas de 2cm de ancho. Enrolamos cada pera con elas escomenzando por riba, engadindo unha segunda tira si é necesario tapando tamén a base.  

Pintamos a masa con ovo batido e poñemos as peras na bandexa do forno untada con manteiga.
Metemos no forno prequencido a 200º uns 15-20 minutos.

Deixamos enfriar e espolvoreamos con azucre glas.






domingo, 1 de mayo de 2011

Mousse de mango


A característica principal da mousse é a textura de diminutas burbullas, que se debe á mestura das claras batidas a punto de neve e a nata. 
Aínda que a de chocolate é a máis popular, quería facela cunha froita tropical. Decidinme pola mousse de mango, xa que é unha froita cun sabor doce e aromático.





Ingredientes
1 mango
200ml nata
2 claras de ovo
4 cucharadas de azucre
1 lámina de xelatina


Para o caramelo
50g azucre
2 cucharadas de auga
papel vexetal
1 molde






Preparación
Pelamos e partimos o mango, pasámolo pola batidora e reservamos.
Montamos a nata con 2 cucharadas de azucre. Montamos as claras tamén con 2 cucharadas de azucre.
Deixamos a folla de xelatina en auga fría e escurrimos. Diluímola en dúas cucharadas de auga quente ao baño maría e engadímoslla ao puré de mango.
Incorporamos a nata e as claras envolvendo suavemente, vertemos nos recipientes que eliximos para a súa presentación, e deixamos enfriar 4 horas.

Para o caramelo
Engrasamos con aceite os bordes do molde.
Facemos o caramelo con azucre e auga e vertémolo no molde, poñendo debaixo papel vexetal.
Deixamos enfriar e desmoldamos con cuidado.


domingo, 24 de abril de 2011

Rosca de pascua



Esta tradicional Rosca de Pascua faise nestas datas no forno de moitas casas, e noutras faise tamén levando os ingredientes principais, como son os ovos caseiros e a manteiga de vaca, á panadaría para a súa elaboración.

A característica deste doce é o seu sabor a anís e a manteiga. Como sei que fóra de Galicia é dificil conseguir manteiga de vaca (que é manteiga cocida) podédela sustituir por la manteiga que usamos habitualmente (que é a manteiga de vaca crua).

En calquera caso é un doce que faise ano tras ano con esta invariable receita.
Boa Pascua



Ingredientes
500g fariña de forza
125g azucre
125g manteiga de vaca
40g fermento de panadería
4 ovos
sal
esencia de anís
papel vexetal


Para a decoración
50g azucre
1 ovo
froitas confeitadas
esencia de anís (opcional)






Preparación
Nun bol batemos a manteiga derretida e o azucre, engadimos os ovos, a fariña, o fermento disolto nun pouco de auga, un pouco de sal e unhas gotas de esencia de anís. Mesturamos ben tódolos ingredientes e formamos unha bola.

Na mesa de traballo  poñemos un pouco de fariña e amasamos, collendo a masa dende o exterior ata o centro. E importante que a masa vaia moi ben traballada, polo que lle adicaremos tempo ao amasado.

Untamos cun pouco de aceite un recipiente amplo, colocamos a masa e tapamos cun film transparente, deixando a masa ata que aumente o triple do seu volumen (neste caso 4 horas).

Poñemos a masa enriba do papel vexetal e introducimos os dedos formando un burato amplo no centro, e  estirámola para darlle unha forma redonda e igualada. Deixamos repousar, tapando de novo a masa ata que leve.

Batemos o ovo e pintamos cun pincel a masa, despois engadimos o azucre humedecido cunhas gotas de auga e de esencia de anís, cortamos as froitas e decoramos.

Introducimos no forno prequencido a 180º uns 20 minutos aproximadamente.
Sacamos do forno e deixamos enfriar sobre unha reixa.