O cabelo de anxo é un doce elaborado mediante a cocción da pulpa da cabaza de cidra en xarope, ata que se forman uns fíos finos de cor dourada, tamén se lle adoita engadir zume de limón e canela.
Aínda que é utilízado con máis frecuencia en recheos de masa de empanada doce e hoxaldre, neste caso vai acompañado dunha masa de mazapán.
Espero que vos guste!
INGREDIENTES
250g améndoas moidas
250g azucre glas
3 xemas de ovo
3 culleradas de leite
1 ovo batido
cabelo de anxo
PREPARACIÓN
Nun bol poñemos as améndoas moídas e mesturámoslas co azucre.
Batemos as xemas co leite, e engadímolas pouco a pouco á mestura anterior, amasamos ben ata obter unha masa compacta.
Formamos boliñas do mesmo tamaño e enchémoslas cunha porción de cabelo de anxo, tendo coidado de que non saia por fóra.
Poñemos papel vexetal na bandexa do forno e colocamos os bocados, pincelamos con ovo batido.
Metemos no forno prequencido a 200º ata que estean dourados.