Mostrando entradas con la etiqueta Hoxaldre. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Hoxaldre. Mostrar todas las entradas

lunes, 12 de marzo de 2012

Doces de kumquat

O kumquat, laranxa chinesa ou quinoto, é un cítrico orixinario de china (os primeiros rexistros son do século XII) que foi importado a Europa e América a mediados do século XIX.
É unha froita pequena, cuberta por unha fina e aromática pel comestible e aínda que a súa pulpa é lixeiramente aceda, o seu sabor é agradable. Destaca o seu alto contido en antioxidantes e vitamina C.
Consúmese como froita fresca e para a elaboración de marmeladas, aínda que o seu uso máis frecuente é a preparación en xarope, se ademais acompañamolo de hoxaldre e nata, conseguimos unha sobremesa deliciosa e moi atractiva.

El kumquat, naranja china o quinoto, es un cítrico originario de China (los primeros registros son del siglo XII) que fue importado a Europa y América a mediados del siglo XIX.
Es una fruta pequeña, cubierta por una fina y aromática piel comestible y aunque su pulpa es ligeramente ácida, su sabor es agradable.  Destaca su alto contenido en antioxidantes y vitamina C.
Se consume como fruta fresca y para la elaboración de mermeladas, aunque su uso más frecuente es la preparación en almíbar, si además lo acompañamos de hojaldre y nata, conseguimos un postre delicioso y muy atractivo.

INGREDIENTES

300g de kumquats
100g de azucre
1/2 culleriña de sal
1 laranxa
1 lámina masa de hoxaldre
200ml nata líquida
1 cullerada de azucre
1 ovo

300g de kumquats
100g de azúcar
1/2 cucharadita de sal
1 naranja
1 lámina masa de hojaldre
200ml de nata líquida
1 cucharada de azúcar
1 huevo

PREPARACIÓN

Lavamos e secamos os kumquats, partímolos pola metade lonxitudinalmente, eliminamos as sementes e poñémolos nun cazo.
Esprememos o zume da laranxa e engadímosllo xunto a 100ml de auga. Deixámolo cocer destapado 30 minutos a lume moi suave. Engadimos o azucre e o sal e continuamos a cocción 15 minutos máis. Deixamos arrefriar e reservamos.
Estiramos a masa de hoxaldre e cortámola en 4 triángulos, e de 2 deles eliminamos o centro. Mollamos con auga os bordos dos triángulos enteiros e superpoñemos os outros, premendo para que se adhiran. Picamos o centro cun garfo e pintamos os bordos co ovo batido. 
Enfornámolos a 180º ata que estean dourados, uns 15 minutos. Montamos a nata coa cullerada de azucre, repartímola sobre os hoxaldres cunha manga pasteleira e colocamos os kumquats entre a nata.

Lavamos y secamos los kumquats, los partimos por la mitad longitudinalmente, eliminamos las semillas y los ponemos en un cazo.
Exprimimos el zumo de la naranja y se lo añadimos junto a 100ml de agua. Lo dejamos cocer destapado 30 minutos a fuego muy suave. Añadimos el azúcar y la sal y continuamos la cocción 15 minutos más. Dejamos enfriar y reservamos.
Estiramos la masa de hojaldre y la cortamos en 4 triángulos, y de 2 de ellos eliminamos el centro. Mojamos con agua los bordes de los triángulos enteros y superponemos los otros, presionando para que se adhieran. Pinchamos el centro con un tenedor y pintamos los bordes con el huevo batido.
Los horneamos a 180º hasta que estén dorados, unos 15 minutos. Montamos la nata con la cucharada de azúcar, la repartimos sobre los hojaldres con una manga pastelera y colocamos los kumquats entre la nata.

Fuente: Dietas.tv


viernes, 10 de junio de 2011

Pasteis con chocolate branco e amorodos



Xa case estamos en verán e temos a mente posta nas vacacións dos nenos.

No meu caso como son autónoma e teño poucos días de descanso ao ano, farei unha paréntese no blog (co que estou moi contenta grazas aos vosos comentarios) para disfrutar coa miña familia do pouco tempo do que dispoño.

Déixovos con estes pasteis que nos gustaron na casa polo ben que combina o chocolate e o amorodo. Espero que vos gusten!

Deséxovos un feliz verán e aos que poidan unhas felices vacacións!


Ingredientes
1 lámina de masa de hoxaldre
100g chocolate branco
100g nata dobre
amorodos
azucre glas



Preparación
Dobramos a masa para que teña maior grosor e cortamos 3 rectángulos de 5 x 9cm cada un. Pintamos a masa con ovo batido e poñémola na bandexa do forno untada con manteiga. Metemos no forno prequencido a 200º uns 15 minutos.

Poñemos a nata nun cazo a lume suave, engadimos o chocolate e removemos ata que este derretido. Deixamos arrefriar e poñemos na neveira durante 1 hora. Despois batemos ata que teña unha consistencia cremosa.

Cortamos o hoxaldre pola mitade e enchemos cada un coa crema de chocolate e os amorodos laminados.

Espolvoreamos con azucre glas.

Ou tamén
Podemos sustituir os amorodos por framboesas.


domingo, 8 de mayo de 2011

Pera envolta en hoxaldre

Sinto especial predilección pola masa de hoxaldre, porque paréceme unha masa moi agradecida; fácíl de adaptar, rica e que combina con calquera ingrediente.
Por eso cando vin esta receita non dubidei do seu bo resultado.

Espero que vos guste tanto como a mín!





































Ingredientes
4 peras maduras
1 lámina de hoxaldre fresca
1 ovo
azucre glas


Para o recheo
8 ameixas secas
1 laranxa en zume










Preparación
Troceamos as ameixas e poñémolas nun cazo co zume de laranxa a lume lento durante 5 minutos.

Pelamos as peras e sacámoslle os corazóns pola base. Cortamos as bases de xeito que as peras póidanse quedar de pé e logo introducimos as ameixas dentro, polo oco do corazón.

Estiramos a masa e cortamos tiras longas de 2cm de ancho. Enrolamos cada pera con elas escomenzando por riba, engadindo unha segunda tira si é necesario tapando tamén a base.  

Pintamos a masa con ovo batido e poñemos as peras na bandexa do forno untada con manteiga.
Metemos no forno prequencido a 200º uns 15-20 minutos.

Deixamos enfriar e espolvoreamos con azucre glas.






miércoles, 23 de marzo de 2011

Doces Como na casa



Este doce xurdiu da idea de facer algo moi sinxelo, con catro ingredientes que sempre teño na casa.
Espero que vos guste!


Ingredientes
1 lámina masa de hoxaldre fresca
2 mazás
marmelada
noces


Preparación
Extendemos a masa nunha superficie lixeiramente enfariñada.  
Cortámola en cadrados, pinchandoa varias veces cun tenedor.
Poñemos en cada cadrado anacos de mazá, marmelada e noces cortadas.
Pechámos  a masa unindo os catro extremos, e vernizámola con ovo.
Na bandexa do forno poñemos papel vexetal e colocamos os doces.
Introducimos no forno prequentado a 200º uns 20 minutos.