lunes, 27 de febrero de 2012

Flan de chocolate e Aniversario



Logo dunha semana desconectada da rede, na que disfrutei en familia destas curtas vacacións de entroido, xa estou de volta para porme ao día nas vosas cociñas, celebrar o primeiro aniversario de Comonacasa e ademais con algúns cambios.
Fai xa un ano que iniciei este blogue, coa idea de recompilar aquelas receitas que fixera e gustáronme, sen maior pretensión que a de ter unha carpeta virtual onde gardalas.
Hoxe é algo máis que todo iso, é un espazo onde recibo comentarios de persoas cos que se entrelazan relacións e afectos, aprendo, comparto e sobre todo ségueme ilusionando.
Tiña pendente a tradución da páxina, un cambio importante e que quería deixar resolto, xa que ningún dos tradutores que instalei gustoume, e así fixestemo saber nalgúns comentarios. Por iso teño decido facer as entradas en galego e español, e manter o tradutor de Google na barra lateral para os demais idiomas.
Agora quero compartir con todos esta sinxela receita, porque un ano despois, o mellor de Comonacasa é a vosa compañía.
Moitas grazas por estar aí.

Después de una semana desconectada de la red, en la que disfruté en familia de estas cortas vacaciones de carnaval, ya estoy de vuelta para ponerme al día en vuestras cocinas, celebrar el primer aniversario de Comonacasa y además con algunos cambios.
Hace ya un año que inicié este blog, con la idea de recopilar aquellas recetas que había hecho y me habían gustado, sin mayor pretensión que la de tener una carpeta virtual donde guardarlas.
Hoy es algo más que todo eso, es un espacio donde recibo comentarios de personas con las que se entrelazan relaciones y afectos, aprendo, comparto y sobre todo me sigue ilusionando.
Tenía pendiente la traducción de la página, un cambio importante y que quería dejar resuelto, ya que ninguno de los traductores que he instalado me gustó, y así me lo habéis hecho saber en algunos comentarios. Por eso he decidido hacer las entradas en gallego y español, y mantener el traductor de Google en la barra lateral para los demás idiomas.
Ahora quiero compartir con todos esta sencilla receta, porque un año después, lo mejor de Comonacasa es vuestra compañía.
Muchas gracias por estar ahí.





















INGREDIENTES
500ml leite
140g chocolate fondant
200g azucre
2 ovos
2 xemas de ovo
caramelo
chocolate relado


500ml leche
140g chocolate fondant
200g azúcar
2 huevos
2 yemas de huevo
caramelo
chocolate rallado



PREPARACIÓN
Prequencer o forno a 180º colocando unha bandexa con auga no seu interior.
Nun cazo quentamos o leite e o chocolate torado, removéndoo de cando en vez, engadímoslle a metade do azucre e cando empece a ferver retirámolo.
Nunha cunca poñemos os ovos e as xemas co resto do azucre, batémolas coas varas e engadímolo pouco a pouco ao leite con chocolate.
Vertemos a mestura en moldes acaramelados que poñeremos dentro da bandexa con auga durante uns  40 minutos. Deixamos arrefriar e metémolos no frigorífico.


Precalentamos el horno a 180º colocando una bandeja con agua en su interior.
En un cazo calentamos la leche y el chocolate troceado, removiéndolo de vez en cuando, le añadimos la mitad del azúcar y cuando empiece a hervir lo retiramos.
En un bol ponemos los huevos y las yemas con el resto del azúcar, las batimos con las varillas y lo añadimos poco a poco a la leche con chocolate.
Vertemos la mezcla en moldes caramelizados que pondremos dentro de la bandeja con agua durante unos 40 minutos. Dejamos enfriar y los metemos en el frigorífico.

miércoles, 15 de febrero de 2012

Sharlotka

Existe na cociña europea unha gran tradición de pasteis feitos con mazás, a súa elaboración sempre se relacionou coa maduración deste froito e o inicio do outono. Actualmente debido á ampla variedade de mazás podemos disfrutar destes doces durante todo o ano.
Un dos que me chamou especialmente a atención é a popular Sharlotka rusa, que sorprende pola gran proporción de mazá que leva, e a peculiaridade de que a masa vai vertida sobre ela.
As Granny Smith achéganlle xugosidade e moi bo sabor a este recomendable pastel.



INGREDIENTES
4 mazás Granny Smith grandes
125g fariña
200g azucre
3 ovos grandes
1 culleriña esencia de vainilla
azucre glas


PREPARACIÓN
Forramos con papel vexetal un molde desmontable de 18 cm. Pelamos as mazás e cortámolas en metades quitándolles o corazón, cada metade cortámola en catro tiras que logo toramos na outra dirección, e botámolas directamente no molde.
Nun bol batemos os ovos co azucre, engadimos a vainilla e agregamos pouco a pouco a fariña, mesturando todo ben.
Botamos a masa cubrindo as mazás.
Metemos no forno prequencido a 190º uns 40 minutos, protexemos con papel de aluminio cando empece a estar dourada.
Deixamos arrefriar durante 10 minutos sobre unha reixa metálica.
Espolvoreamos con azucre glas.

   

martes, 7 de febrero de 2012

Bocados de anxo

O cabelo de anxo é un doce elaborado mediante a cocción da pulpa da cabaza de cidra en xarope, ata que se forman uns fíos finos de cor dourada, tamén se lle adoita engadir zume de limón e canela.
Aínda que é utilízado con máis frecuencia en recheos de masa de empanada doce e hoxaldre, neste caso vai acompañado dunha masa de mazapán. 

Espero que vos guste!


INGREDIENTES
250g améndoas moidas
250g azucre glas
3 xemas de ovo
3 culleradas de leite
1 ovo batido
cabelo de anxo


PREPARACIÓN
Nun bol poñemos as améndoas moídas e mesturámoslas co azucre.
Batemos as xemas co leite, e engadímolas pouco a pouco á mestura anterior, amasamos ben ata obter unha masa compacta.
Formamos boliñas do mesmo tamaño e enchémoslas cunha porción de cabelo de anxo, tendo coidado de que non saia por fóra.
Poñemos papel vexetal na bandexa do forno e colocamos os bocados, pincelamos con ovo batido.
Metemos no forno prequencido a 200º ata que estean dourados.