jueves, 24 de febrero de 2011

Panqueques





















Ingredientes
120g fariña
30g azucre
30g manteiga
100ml leite
3 cucharadiñas de fermento
1 ovo

Preparación
Tamizamos a fariña co fermento.
Engadimos o azucre, a manteiga derretida, o ovo batido e o leite.
Batemos coas varillas.
Deixámolo repousar durante 30 minutos.
Untamos unha tisola cun pouco de manteiga.
Vertemos 2 culleradas de masa e douramos o panqueque polos dous lados.
Servímolo con sirope de chocolate.

Ou tamén 
Con mel ou nata.

martes, 22 de febrero de 2011

Biscoito dúas cores

















Ingredientes
200g fariña
200g azucre
100g cacao en pó
100ml aceite de xirasol
1 iogur natural
1 sobre de fermento
2 ovos


Preparación
Mesturamos tódolos ingredientes no vaso da batidora, excepto o cacao.
Vertemos nun molde engrasado a mitade da masa.
Á outra mitade engadímoslle o cacao, e volvemos a bater.
Vertemos ésta masa por riba da anterior.
Introducimos no forno prequentado a 180º durante 30 minutos aproximadamente.

Ou tamén
Cun baño de chocolate por riba.

domingo, 20 de febrero de 2011

Madalenas



















Ingredientes
175g fariña
125g azucre
100ml leite
50ml aceite de xirasol
1 sobre de fermento
1 ovo
12 moldes de papel


Preparación
Nun bol batemos o ovo có azucre. 
Despois o leite e o aceite. Mesturamos ben.
Engadimos a fariña co fermento.
Vertemos nos moldes, enchendo só 3/4 partes.
Espolvoreamos con azucre no centro de cada madalena.
Có forno prequentado, a media altura, 180º durante 12-14 minutos.


Ou tamén
Con pepitas de chocolate.
Con anacos de froita confeitada.