domingo, 24 de abril de 2011

Rosca de pascua



Esta tradicional Rosca de Pascua faise nestas datas no forno de moitas casas, e noutras faise tamén levando os ingredientes principais, como son os ovos caseiros e a manteiga de vaca, á panadaría para a súa elaboración.

A característica deste doce é o seu sabor a anís e a manteiga. Como sei que fóra de Galicia é dificil conseguir manteiga de vaca (que é manteiga cocida) podédela sustituir por la manteiga que usamos habitualmente (que é a manteiga de vaca crua).

En calquera caso é un doce que faise ano tras ano con esta invariable receita.
Boa Pascua



Ingredientes
500g fariña de forza
125g azucre
125g manteiga de vaca
40g fermento de panadería
4 ovos
sal
esencia de anís
papel vexetal


Para a decoración
50g azucre
1 ovo
froitas confeitadas
esencia de anís (opcional)






Preparación
Nun bol batemos a manteiga derretida e o azucre, engadimos os ovos, a fariña, o fermento disolto nun pouco de auga, un pouco de sal e unhas gotas de esencia de anís. Mesturamos ben tódolos ingredientes e formamos unha bola.

Na mesa de traballo  poñemos un pouco de fariña e amasamos, collendo a masa dende o exterior ata o centro. E importante que a masa vaia moi ben traballada, polo que lle adicaremos tempo ao amasado.

Untamos cun pouco de aceite un recipiente amplo, colocamos a masa e tapamos cun film transparente, deixando a masa ata que aumente o triple do seu volumen (neste caso 4 horas).

Poñemos a masa enriba do papel vexetal e introducimos os dedos formando un burato amplo no centro, e  estirámola para darlle unha forma redonda e igualada. Deixamos repousar, tapando de novo a masa ata que leve.

Batemos o ovo e pintamos cun pincel a masa, despois engadimos o azucre humedecido cunhas gotas de auga e de esencia de anís, cortamos as froitas e decoramos.

Introducimos no forno prequencido a 180º uns 20 minutos aproximadamente.
Sacamos do forno e deixamos enfriar sobre unha reixa.


lunes, 18 de abril de 2011

Pasteis de framboesas


Estes pasteis teñen unha textura fina, xa que o azucre glas e as améndoas moídas substitúen en parte á fariña. Utilicei moldes individuais de 125 ml, pero tamén se poden utilizar bandexas para madalenas con esa capacidade. 

Non modifiquei as cantidades dos ingredientes, e aínda que gustaron, probarei a reducir a manteiga a próxima vez que os faga.

Déixovos coa receita orixinal.

Ingredientes
75g fariña
240g azucre glas
185g manteiga
125g améndoas moídas
6 claras de ovo
framboesas

Preparación
Batemos lixeiramente as claras cun garfo, o xusto para que estean mesturadas.
Engadimos a manteiga fundida, as améndoas, o azucre e a fariña. 
Removemos ata que este todo ben mesturado.
Repartimos a mestura nos moldes, engadindo varias framboesas en cada un.
Có forno prequentado, a media altura, 200º durante 25 minutos aproximadamente.
Deixalos repousar 5 minutos antes de desmoldar sobre unha reixa.

Ou tamen
Pódense usar abelás moídas en vez de améndoas.


lunes, 11 de abril de 2011

Madalenas con cereixas

































Este doce tradicional da rexión de Lorena, en Francia, adoita asociarse co almorzo e a merenda. Non obstante, engadindo aos ingredientes froita en almibar, facemos das madalenas unha estupenda sobremesa.
Espero que vos guste!


Ingredientes
175g fariña
125g azucre
100ml leite
50ml aceite de xirasol
1 sobre de fermento
1 ovo
cereixas en almibar
12 moldes de papel


Preparación
Nun bol batemos o ovo có azucre.
Despois o leite e o aceite. Mesturamos ben.
Engadimos a fariña co fermento e as cereixas troceadas.
Vertemos nos moldes, enchendo só 3/4 partes.
Espolvoreamos con azucre no centro de cada madalena.
Có forno prequentado, a media altura, 180º durante 12-14 minutos.



martes, 5 de abril de 2011

Biscoito de laranxa


Teño por costume incorporar ao almorzo de cada mañá algún doce caseiro. 
O biscoito é un dos que máis adoito facer, e como me gusta variar de sabor, este fíxeno de laranxa. 
Queda moi suave, ideal para almorzar.
Espero que vos guste!

Ingredientes
200g fariña
150g azucre
100ml aceite
50ml zume de laranxa
reladura de laranxa
1 sobre de fermento
2 ovos

Preparación
Nun bol batemos os ovos có azucre.
Engadimos a fariña co fermento, o aceite, o zume de laranxa e a reladura.
Vertemos a preparación nun molde engraxado.
Poñémolo no forno prequentado a 180º ata que ao picar cun palillo salga seco.